Presentación

Son enxeñeiro informático (1999) e doutor en Computación (2010) pola Universidade da Coruña. Desde hai máis de 20 anos traballo e investigo, en colaboración con distintos equipos de lingüistas, en áreas relacionadas coa lingüística de corpus, a lingüística computacional e a intelixencia artificial. Interésame especialmente aplicar a tecnoloxía á resolución de problemas concretos formulados desde a lingüística. Desde 2015 desenvolvo esta actividade a través de NLPgo Technologies, S.L.

Tamén son formador e imparto obradoiros dirixidos a lingüistas sobre informática, lingüística computacional e intelixencia artificial. A maior parte destas iniciativas canalízoas a través de Palabras binarias: Informática para lingüistas, aínda que tamén colaboro con outras entidades e universidades.

Se queres contactar comigo, podes escribirme a contact